Tuesday 07 de May de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión ofrece mañá venres un concerto gratuíto de piano e de guitarra


Alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños de Brión ofrecerán mañá venres 26 de febreiro un recital de piano e guitarra dentro da terceira edición dos “Venres musicais”, unha iniciativa creada en 2014 para conmemorar o décimo aniversario do centro brionés e que se converteu nun programa máis debido ao éxito acadado.

A cita é na sala municipal de exposicións de Brión, a partir das 20:00 horas. A entrada é libre e de balde ata encher aforo, cousa que xa aconteceu nos anteriores “Venres musicais”. O acto está organizado pola ESMU Magariños, que conta coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.